Axenda

O Amijo da Peluquera
domingo 18 novembro 2018, 20:30
Vistas : 239

“O AMIJO DA PELUQUERA”.

O Amijo da Peluquera (Marcos Escudero) é un “cantautónomo” do rural que un día decidiu lembrar aqueles anos que pasou no primeiro jrupo jevicheiro que houbo na parroquia de Mós na década dos 90, aquel “conjunto” (como dicían os vellos) que se chamaba ENEMIJOS DO BARBEIRO.

¿Que facer coas cancións inéditas gardadas dentro dunha cachola?

Todo empezou hai un par de anos para facer un video-clip de animación (que aínda está sen rematar) da canción “JUAU, JUAU”. Unha vez metidos no estudio, entre volta e volta, grabou “ISTO É UN BIDÓN”, “RÍO PODRE”, “BÓTALLE OS CORNOS AO SOL” e “ANTES DE QUE ME CAIA O PELO”. Este último tema deulle nome ao primeiro “seica-disc” en solitario do Amijo da Peluquera, autoeditado a finais de 2016.

Dende entón, de cando en vez, con “jitarra de pau” e acompañamento da súa “amija”, abren a peluquería itinerante para cortarlle as puntas aos asistentes entre cancións que falan da vida dende unha óptica rural, con retranca e algunha que outra sorpresa, lembrando aqueles tempos nos que…

“tocar non tocabámos… pero rir?... riabámos e que ben o pasabámos”

Lugar: A Fonte do Galo Rock and Roll Bar - Cangas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.