Axenda

Uxía + Ugia Pedreira + Martirio + Carmen París
quinta feira 22 novembro 2018, 20:30
Vistas : 263

Teatro Colón (A Coruña)

22 NOV.

"Enredadas: mulleres e alalás"

O jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza maña de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense para celebrar a madurez artística das catro.

Teñen en común moito máis do que parece a simple vista. Todas loitaron por un labor necesario de reconversión da canción popular española, da copla, do canto telúrico galego, da jota con aires tropicais…

Diríase que son almas xemelgas de universos culturais diferentes, o que fará que o espectáculo sexa unha festa da música de raiz e da irmandade.

Un espectáculo único que nos mostrará a catro mulleres que souberon depurarse, reinventarse a si mesmas para ofrecerse reais e verosímiles.

Con Sérgio Tannus e Marcos Teira nas guitarras.

Máis info en: www.teatrocolon.es/es/evento/mulleres-enredadas-coplas-e-alalas/

Deseño do cartaz: Nicolas De La Carrera.

Cultura da Deputación da Coruña Concellería de Culturas da Coruña Teatro Colón A Coruña

Lugar: Teatro Colón - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.