Axenda

Festival de Outono no Garufa
sábado 24 novembro 2018, 21:30
Vistas : 225

Triple sesión de rock no Garufa Club, A Coruña. Disfrutaremos do Outono en familia e como se merese, por todo o alto! Aquí quedamos os que faremos deste nuite un espectáculo flamante!

Adhara & Ritman
É un novo proxecto musical en lingua galega e con unha instrumentación baseada nas raíces folk galegas, sen medo a mestizala con música latina, reggae, swing, soul… e principalmente rock. Ademáis de textos propias tamén adaptamos cancións tradicionais ou poemas de xente coma Rosalía.
Na voz e pandereta Adhara Caamaño (a cuncheira de Sofán) e Tito Barbeito (Tito Ritman) voces, guitarra, harmónica e percusión (coñecido polas súas participacións en Ritmanmuchos, Mecánicos, Pirilampo, Xurxo Mares, Luís Moro, Ardora, e un largo etecera ) Forman a semente de esta banda, que logo completouse para o directo con Arturo Krest (afamado baterista, percusionista, técnico e productor musical) e Andrés Castro o baixo.

Almánimal
Hard Rock con “seseo e gheada”. Puresa que inspira á conexión coa natureza e cas raíses. É unha ostia de enerxía atómica enrriba do escenario inundada de boa vibra que deixará unha profunda intriga nas almas. Nas súas orixes esta arcaica idea basábase en imitar aos ghrandes ghrupos de rock clásico da última metade do século pasado, combinado coa decorasión de interiores e a botánica. Cos anos este consepto foi evolusionando ata o punto de empesar a versionar cansións en directo e posteriormente crear unha música propia con diversos estilos musicais pero preservando aquel sonido "vintage". Psicodelia, Progresivo e Rock clásico. ¿Tolos ou visionarios?¿Hipsters o vintage? Xulguen vostedes.

Desencanto
É unha nova banda rock / pop da Coruña formada por catro membros; Gustavo Vázquez (guitarra), Xullo Dans (vocales), José Méndez (batería) e José Recarey (baixo). O grupo formouse a principios de 2016 e comezou a traballar na súa primeira demostración, Libérate, que saíu á luz en decembro de 2017 e consta de 8 cancións en español e unha en galego. Cunha base de rock clara como o guión de todo o traballo, Desencanto incorpora outras influencias nos seus temas como o pop, o blues ou ata o funky. Desencanto son vellos amigos apaixonados pola música que decidiron reunirse para tocar. O que comezou como entretemento o sábado pola tarde, converteuse gradualmente en 9 cancións creadas de forma conxunta en función da personalidade do grupo que se estaba formando. Para manter esa esencia, Desencanto decidiu gravar a súa primeira maqueta.


Apertura de portas: 21:30h

Lugar: Garufa Club - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.