Axenda

AC Donaire: Mozos da Ronda
sábado 01 decembro 2018, 21:30
Vistas : 180

A Asociación Cultural Donaire créase na cidade da Coruña no ano 2000, co obxectivo de recuperar, promover e difundir unha importante parcela da nosa cultura tradicional como é o folclore galego.

Conta cunha escola na que se imparten clases de canto e baile, así como de instrumentos que tradicionalmente foron utilizados no seu acompañamento como a gaita, pandeireta, acordeón e percusión. Tamén conta cun grupo composto por xoves que tras anos na escola amosan nas actuacións o donaire, riqueza e variedade da nosa música e a nosa danza popular, conservando e difundindo o legado cultural que lles foi transmitido polos seus maiores.

Tódalas pezas presentadas, tanto musicais, como as de baile, foron seleccionadas previamente logo dunha intensa labor de recolleita etnográfica de campo pola xeografía galega, mantendo fielmente as características de cómo eran interpretadas.

O sábado 1 de decembro chegarán ata A Cova Céltica os seus pandeireteiros, os "Mozos da Ronda", nunha cita para non deixar de cantar e bailar.

Lugar: A Cova Céltica - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.