Axenda

Transilvanians + Life on Reggae Planet Sound
domingo 16 decembro 2018, 12:30
Vistas : 187

[Circuíto clubE Estrella Galicia]. Domingo 16 de decembro ás 20:30 no Aturuxo.

# Transilvanians

Transilvanians fórmanse na cidade de Vigo no ano 2004. Septeto integrado por músicos de diversas procedencias cunha paixón común pola música negra dos 60's, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror.

Percorren co seu funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul, horror-reggae, dub ou r&b xamaicano case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que podes atopar actualmente no estado.

Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, composto por 12 novas cancións, traballan de maneira habitual con outros artistas na súa vertente como backing band, e xa teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis (a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.

Recén acabaron o novo traballo de Roy Ellis como banda de estudio, e preparan novos temas propios para editar o seu terceiro LP en 2019.

Compoñentes:
Xabi "Space Duke" Vieitez & Martín V. - Piano & Hammond
Javier Marcos - Voz & percusión
Nestor Meizoso - Baixo
Antonio "Pam-Pam" Rodríguez - Trombón, voces & percusión
Pedro Fariñas - Saxo & percusión
Xoaquín "L Cobra" Seoane - Batería & voces
Charly "Doctor C" Varela - Guitarra

https://www.youtube.com/watch?v=E0xK91ARx08

# Life On Reggae Planet Sound

Life On Reggae Planet está formado por dous fanáticos e coñecidos músicos da escena de música xamaicana estatal.
Rudy King (Buenos Aires 1981) e L-Cobra (Vigo, 1975) tras una amizade lonxana e colaboracións esporádicas debido a converxer nos camiños da música poñen en activo este proxecto conxunto en 2018.

Nas súas suorosas sesións seleccionan os mellores discos da súas coleccións e tamén lle dan volta aos clásicos de Rocksteady e Reggae facendo as súas propias versións. Se tes gañas de bailar viaxa con eles ao planeta reggae!


Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.