Axenda

8º Ska All Night
sábado 22 decembro 2018, 21:30
Vistas : 187

Polo nadal chega de novo o festival SKA ALL NIGHT.

Desta volta (oitava edición) contaremos como invitados con Elephants Yard, un proxecto comunitario integrado principalmente por músicos e cantantes locales, enfocado a composición, gravación e interpretación de ritmos reggae que farán para a ocasión un set especial de clásicos do Rocksteady.

Como non, tamén actuará a banda anfitriona Transilvanians, septeto formado na cidade de Vigo no ano 2004 con centos de concertos por toda Europa. Actualmente preparan o seu terceiro disco, e de seguro ofrecerán un vibrante directo cheo de Ska vella escola, Rocksteady & Early Reggae

A cita será as 21:30 da noite o sábado 22 de Decembro en La Fábrica de Chocolate Club (Vigo)

Entradas a venda en:

- Honky Tonk Discos (Falperra 18, Vigo)

- BAR PRINCESA (Praza da Constitución 5, Vigo)

- De maneira dixital en:
https://bit.ly/2U84IgD

Lugar: La Fábrica de Chocolate Club - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.