Axenda

Os Diplomáticos de Monte Alto
sábado 22 decembro 2018, 22:30
Vistas : 186

Festa rachada! Saúde e océano!
Imperdible!
Entradas en El Tren (rúa Tren), Cloudprint (rúa Panaderas) e Sham Rock (fonte de Santa Catalina). Para a xente que vides de fora a banda reservou unhas poucas e quedan as ultimísimas en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Conto de inverno:
OS DIPLOMÁTICOS NA MARDI GRAS
(Ou de pirámides aztecas e nécoras arroutadas)
Sábado 22 ( Travesa da Torre, 8) 22:30 h.
Sei que a ti tamén che pasa. Conforme traspasamos o limiar da sala, entramos nun estado alterado de conciencia. Mardi Gras, onde vibra coa maior intensidade esa palabra intensa que chamamos música.
Como en “Aberto até o amecer”. Seguro que viviches esa película. Disco-tasca de fronteira. A partir do segundo grolo comezaban a acontecer feitos extraordinarios. Falo de vampiros e zombis. Tropa paranormal perfectamente explicada no último plano:“A Teta Enroscada”, así se chamaba a taberna, estaba construída enriba dunha pirámide azteca.
Tal aquí acontece. A Mardi Gras antes de sala de concertos foi bodegón: Adegas Villarreal, rapidamente rebautizada como O Crego, polos vellos taceiros da rúa da Torre.
Aquí bebemos emocións moi fondas. Aquí constituímos a efémera peña deportivista“Urkiola”. E aquí os Diplomáticos de Monte-Alto entregámoslle ao mestre dos mestres, Arsenio Iglesias, o noso primeiro disco, a el dedicado: 
“Estas cousas non me gustan, pero se mo piden os nenos teño que vir”. Arsenísticas declaracións que, case tres décadas despois, seguen resoando no genius loci do lugar.
Por iso esta sala é en si mesma un estado alterado de conciencia. Por iso calquera música soa aquí máis plena. Por iso Os Diplomáticos de Monte-Alto precisamos volver sempre a ela. Mardi Gras, centro místico da rúa da Torre, onde bebimos a cunca da mocidade, onde retornamos cada ano por este tempo para catar novos grolos de tanta marabilla.

Lugar: Sala Mardi Gras - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.