Axenda

Uralita
sábado 29 decembro 2018, 18:30
Vistas : 111

Aqui esta!!!
Un dos eventos mais esperados, por todos, dende que empezamos a argallalo.
URALITA!!! É o concerto co que dende a Sala Real pretendemos aforrar fondos para correxir algun desperfecto no local.
Nesta primeira edicion, teremos a sorte de recuperar bandas amigas, esas bandas que marcaron a nosa xuventude e cas cales medramos.

LOS Prestados, rock&roll de voz ronca, co que mover as rodillas, e non parar de peitear o tupé. Un clasico da Novena.
https://youtu.be/xyME-GJaccg

OVOS CHOCOS, punk, metal, pop, rock, actitude, melodias, letrazas, anos e anos de forza cos seus directos. Un dos grupazos da vila.
https://youtu.be/u1tIvOxDyvk

INLLORFEIS, letras directas, mensaxe, diversion, caña!!!, discos, xiras. Unha vida para a musica de Ribeira.
https://youtu.be/pQYJqsauIvw

EXPINAL, tocan fatal y caen peor. Non hai tecnica, só gritos, quintas, e tupá-tupá. A súa forma de entender o rock sin clase de moral.
https://youtu.be/nPg6b189e7g

THEFEKAOS, O unico grupo aletargado, que resucitara para o proximo ano. Son os mais novos desta seleccion de bandas. Quen nos dera a moitos movernos e portarnos como estes capitans!!!
https://youtu.be/0SSjvXvGNww

Toda esta festa sera con invitacion previa a recoller na Tapería A Recoveira, a cambio dun donativo de 5€. Que estarán a vosa disposición a a partir do Mercores 26.
Aforo limitado maximo 70 corpos humanos

Lugar: Sala Real - Aguiño (Ribeira)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.