Home Axenda
Events Calendar help
Carlos da Aira e Daniela Sampayo Gómez
Saturday, 12 January 2019, 22:00
Hits : 34

Este sábado 12 de xaneiro, às 22h, vem até a Arca, Carlos da Aira com o seu novo poemário "Polvora e outros poemas para a revolta"

Carlos Da Aira volve á A Arca da Noe para presentarnos o seu poemario “Pólvora”, que publicou a mediados do 2018 na colección Poemas (in) surgentes, da editorial La Vorágine / Cultura Crítica, e faino, como é habitual nel, dunha maneira performativa e nada convencional, cunha posta en escena na que acompaña a lectura dalgúns dos seus poemas máis críticos -ou ‘da conciencia’- con bases musicais pregravadas, así como outros sons e efectos especiais que crea e modula en directo.

Pero nesta ocasión presenta ademais unha estrea, unha idea á que levaba tempo dándolle voltas e que finalmente se materializa. Trátase da lectura/recitado dalgúns poemas inéditos que interpretará por primeira vez ‘na casa’ acompañado en directo pola música e a e impresionante e fermosa voz da cantareira e pandereteira Daniela Sampayo Gómez (‘Dana’ Daniela SG)*, buscando crear en directo, entre ambos, unha atmosfera, unha combinación poético-musical chea da potencia reivindicativa e de denuncia que conteñen tanto os textos do Carlos como as músicas provenientes da nosa tradición, da nosa raíz, e que a Dana escolleu en base á súa lectura deses textos para interpretar en directo, mesturándoas cos poemas.

(*) Daniela Sampayo Gómez foi alumna de canto durante varios anos n’aCentral Folque, e actualmente é pandereteira no grupo oficial de Cantigas e Agarimos e profesora de canto e pandeireta na escola de Castro Floxo, así como en varias asociacións.
Tamén participou en diferentes gravacións de músicos galegos de primeira liña, como Xabier Díaz, Radio Cos, Olga Brañas ou no libro/CD ‘Galiza’ de Kepa Junkera.

Location : A Arca da Noe - Vilar de Santos

Back

Vindeiros Concertos:

Mer Mar 27 @22:30 - - A Banda das Crechas - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Xov Mar 28 - Festival Soutopequeno - Soutomaior
Xov Mar 28 @20:30 - - Pablo Sanmamed Trío - Teatro Colón - A Coruña
Xov Mar 28 @20:30 - - Pablo Sanmamed Trío - Teatro Colón - A Coruña
Xov Mar 28 @20:30 - - Fondo Norte + Vinateg Garden + Spoonful + Always Up - Parking Arquitectura, Universidade da Coruña - A Coruña
Xov Mar 28 @21:00 - - Tecor Societário + Talco - Sala Malatesta - Santiago de Compostela
Xov Mar 28 @21:00 - - Susana Seivane - Círculo das Artes - Lugo
Xov Mar 28 @23:00 - - Elephants Yard - El Contrabajo - Vigo
Ven Mar 29 - Cantos de Taberna en Pontevedra - Pontevedra
Ven Mar 29 - Festival Soutopequeno - Soutomaior
Ven Mar 29 - Minguante - Toni´s Bar - Porto do Son
Ven Mar 29 @21:00 - - Dequenvessendo - Casa das Crechas - Santiago de Compostela

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto