Axenda

Movemarcos
sábado 16 febreiro 2019, 20:30
Vistas : 78

Di o Dicionario da RAG: “Marco. Substantivo masculino. Pedra cravada no chan que sinala os lindes dunha terra.”
Basura propagandística, amiga. Os lindes son etiquetas, e os marcos están para movelos. A propiedade intelectual é un roubo. A terra para quen a traballa e a literatura para quen a deconstrúe. Se no 2018 a palabra do ano foi deseucaliptización, en 2019 a palabra de moda vai ser movemarcos.

Movemarcos é o proxecto de Isaac Xubín e Leo Arremecághona. Despois de presentar o seu proxecto en decembro na Matanza, na casa de Rosalía de Castro, agora chegan ao Liceo Mutante para facerte espertar. De Padrón a Mollavao hai tanta distancia como de Martutene a Zagreb e de Xubín a Matamá. Anna Marly, Lois Pereiro, Ruper Ordorika, Fran Cortegoso, Ian Curtis, Rosalía de Castro, Roger Waters, Chus Pato e Manuel Rivas van pasar polo Liceo Mutante o sábado 16 de febreiro ás 20:30 h

Un vento vén, e trae aire fresco. Non perdas este evento.

Donativo entre 5 e 10 € destinado integramente aos artistas.

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.