Axenda

Avisados Estades Trío
sábado 16 febreiro 2019, 20:00
Vistas : 73

Sábado 16, teremos a visita de 3 musicazos. Traeran á SalaReal unha sesión de música improvisada dende as grandes esferas do efimero e imprevisible mundo do inexperado. Eles son AVISADOS ESTADES TRÍO formado por Antonio Bravo, Alvaro Trillo, e Merran Laginestra.

Merran Laginestra — Piano- Sintetizador - Voz
Cantante, pianista, profesora, investigadora, compositora.
Formou parte en proxectos de Jazz como cantante, ou en opera moderna como soprano. É compositora de música electroacústica e de bandas sonoras para teatro e documentais. Tamen traballa no mundo da improvisación con destacadas figuras da danza e a escena do Free Music.

Alvaro Trillo — Baterista
Formou parte de proxectos tales coma Banda Potemkin, Dios ke te crew, Ataque Escampe, A Magnifique Bande dos homes
sen Medo... ou do seu propio trio Buxeiro.
Actualmente adentrase na impro libre, ainda que non lle quita tempo para formar parte de proxectos actuais como Santi Araújo, F.U.M.E. ou Diego Negro Trio.

Antonio Bravo — Guitarra
Guitarrista ribeirense, intengrante dos pioneiro no rock da novena.
Foi alumno de guitarristas tales coma David Liebman (Ex Miles Davis band), Barry Harris, Jerry Bergonzi, Chuck Israels, Mike Richmond, Ronan Guilfoyle, Bruce Forman o Peter Kowald.
Nos ultimos anos formou parte de proxectos nacionais e internacionais como María Joao, Jorge Pardo, Carlo Actis Dato, Jean Palandre, Mark Pichelín, Greg Moore, Valentín Clastier, Germán Díaz, Merran Laginestra o Phil Durant.
Actuou en festivais de Jazz e música improvisada entre os que podemos destacar o Festival de jazz de San Sebastián, Mexico D:F:, Belgrado, Munich , Colonia, Rio de Janeiro, Manchester, Berlín....

Estas tres fieras da música internacional e da Galicia actual estarán o Sábado 16 na Sala Real, a cambio de un donativo de 5€ para axudar á sua visita a Aghiño dBs.
Animate, ven a ver e a escoitar o que non é habitual nesta zona

Lugar: Sala Real - Aguiño (Ribeira)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.