Axenda

Lamprea Explosiva + Giuseppe + Neura + Russe
segunda feira 25 febreiro 2019, 20:30
Vistas : 170

No noso afán de seguir enchendo Compos de punk e musiquiña da boa temos concis ata os luns.

RUSSE || PUNK - ALEMAÑA
Nesta ocasión veñen Russe dende Alemaña escapando das xélidas terras do norte ata a casiña do Sar. Prometen bo ritmo e berros para empezar a semana con forza.
https://shit-head.bandcamp.com/releases
https://www.youtube.com/watch?v=TSupCPgSszQ

NEURA || PUNK - XIXÓN
Desde Asturies, as colegues (e primes-hermanes) de Neura, que non che van a defraudar a pouco que che mole o jarcor-pún. A mellor onda, unha marabilla, vaia.
https://neurapunk.bandcamp.com/
https://www.youtube.com/watch?v=6GAll91jgZw

LAMPREA EXPLOSIVA E GIUSSEPPE || QUEN SABE? - VIGO
Nesta reunión goapa goapa non podían faltar os amiguis de Lamprea Explosiva aos que non lle fai falla presentación e a nova fichaxe de Giusseppe. Quen sabe quen son? que fan? de onde veñen? a onde van? Vinde a comprobalo
https://lampreaexplosiva.bandcamp.com/
https://www.youtube.com/watch?v=xuDYOz30oTU

✦ Coma sempre, a ENTRADA É LIBRE e destinada ás bandas que andan de ruta e os seus gastiños.
✦ Haberá CEADOR VEGANO e quentiño para este tempo.
✦ Pedísmosvos que non se fume na sala do conci, porfa.
✦ Trataremos de ser PUNKTUAIS a tope. Ás 20:30h no CSA do Sar
♡ VINDE, PARTILLADE E APOIADE

Lugar: CSA do Sar - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.