Axenda

Roi Casal
sábado 09 marzo 2019, 21:00
Vistas : 135

Roi Casal presenta, CONCERTO SON GALEGO, SON CUBANO  en Vilagarcía de Arousa

Non te perdas o CONCERTO SON GALEGO, SON CUBANO a partires do próximo sábado 9 DE MARZO de 2019 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa ás 21:00 horas.

  • Entrada Adulto: 12 Euros + gastos de xestión
  • Entrada Infantil (de 3 aos 12 anos): 6 euros + gastos xestión
  • Nota: Os menores de 3 anos non pagan entrada.

Son galego, son cubano é considerado o maior espectáculo musical entre Galicia e Cuba que conta dun modo moderno e actual a histórica relación que une a ambos países e a epopea dos galegos na illa caribeña.

En 2014 Roi Casal recibe o premio internacional Cubadisco. Este foi o punto de partida de Son galego, Son cubano, un ambicioso proxecto internacional que pon en valor os extensos lazos de unión entre Galicia e Cuba.

Durante dous anos, o artista traballou conxuntamente con D. Xosé Neira Vilas, un dos escritores galegos máis importantes de todos os tempos, na concepción e elaboración deste proxecto.

No disco, grabado na Habana en Marzo de 2016, participan destacados músicos cubanos como Pablo Milanés, Laritza Bacallao ou Miguel Núñez, e da parte galega, figuras como Nando Casal de Milladoiro ou Carlos Calviño.

En 2016 estrease o espectáculo no Gran Teatro da Habana con dous concertos antolóxicos os días 27 e 28 de maio con máis de 3.000 localidades esgotadas nas dúas. Dende entón continua xirando por escenarios de todo o mundo, chegando ata Brasil, Ginebra, Zürich,…

O directo mantén íntegramente a estructura artística da grabación, e está composta por un elenco de 12 músicos de primeiro nivel de ambos os dous países que realizaron máis de 60 concertos en diversos lugares do mundo e que foi visto por máis de 50.000 persoas.

Lugar: Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.