Axenda

Ezetaerre
sábado 16 marzo 2019, 21:00
Vistas : 115

Ezetaerre presenta o seu novo disco "Pólvora e tormenta" en Ourense.

16 de marzo – Café Cultural Auriense – Praza do Correxedor, 11. Ás 21:00 h.

Entradas en: https://www.musikaze.net/web/?menu=138&pagina=entradas&item=24660&siteID=santaguerrilla


Ezetaerre somos un grupo de rap combativo e en galego formado polo Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño). A nosa andaina comezou en 2016 na Coruña, onde compartimos estudos, loitas e experiencias no movemento estudantil.

Despois da publicación do longo Aspiracións mínimas e urxentes, o maxi 100 e varios singles (A herdanza do vento, Non é verán de Estrella Damm e Esmorga Inferno), agora presentamos Pólvora e tormenta: un traballo no que establecemos un paralelismo entre a actualidade e os Estados Unidos dos anos 30, asolados pola crise e polo Dust Bowl. Nel tamén facemos unha homenaxe á voz dos cantautores antifascistas, que transmitiron a rabia e a loita dun pobo sumido na fame e na miseria.

Novas letras, novos ritmos e novas ideas, sempre sen esquecer esas tres palabras que nos acompañan dende o comezo: dignidade, solidariedade e humildade.

Lugar: Café Cultural Auriense - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.