Axenda

MJ Pérez e Sofía Espiñeira
sexta feira 22 marzo 2019, 23:30
Vistas : 97

Sofía Espiñeira e MJ Pérez unen as súas voces e os seus mundos en Melide

Dúas das cantautoras emerxentes máis destacadas do panorama galego suben ao mesmo escenario para unir as súas voces e misturar os seus mundos nun concerto do máis especial. Distintas, con diferentes estilos e personalidades na súa música, pero cun nexo común: ambas son cantautoras.

Sofía e MJ coinciden por primeira vez no I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo en 2014. Cada unha delas emprende o seu camiño, MJ sacando o seu disco Guerrilleira e posteriormente Casandra. Sofía Espiñeira saca o seu disco Alá onde agroman as herbas. Ambas xiraron por toda Galicia ata voltar a atoparse e con esa pregunta de "por que non?" comeza esta sinerxia na que "Agora cantas ti, agora canto eu..." e estas dúas artistas, con guitarra e voz como arma, entran en contacto e fusionan os seus mundos nun mesmo escenario.

Esta sinerxia verá a luz por primeira vez en Melide, este venres 22 de marzo, ás 23:30h na Sala A Fundación Bowling. Entrada 5€

Lugar: Sala A Fundación - Melide
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.