Axenda

Subsolo Rap Fest VII
sexta feira 22 marzo 2019, 21:00
Vistas : 148

Nesta VII edición o Subsolo Rap Fest cumpre 10 anos. Unha década tentando visibilizar proxectos musicais á marxe de dogmas e tendencias impostadas. O vindeiro venres 22 de marzo queremos celebralo con todas vós nun evento no que contaremos cun cartel ecléctico composto por 4 propostas emerxentes da escena musical urbana. O evento terá lugar ás 21:00h no Moon Music Club (rúa República Argentina/35 – Compostela).

LA PVRGA

Albagé/Endtropy e Kamalasutra forman un cocktail psicodélico de ambient reguetón que se orixina cando esta galega e esta Asturiana se atopan en Madrid e deciden emprender un proxecto común que deu como resultado La Pvrga. Nesta edición do Subsolo Rap disfrutaremos dun live set moi especial no que poderemos coñecer esta orixinal proposta na súa fase incipiente. 

TEMPO NORTE

Tempo Norte é un proxecto formado en Compostela durante a primavera do 2017, con todo, levan xa un percorrido intenso editando varios traballos e presentándonse en eventos como a LXVI Festa do Albariño, o Festival de la Luz ou este mesmo festival na súa edición anterior. Tres vocalistas (Black Dahlia, Lil Naipe e Kazike) e un productor (DJ Tips). Un sorprendente crossover de distintas músicas urbanas co rap como ingrediente principal. 

SUD-AK´S

Sud-Aks son Beelattor e Rapsyko, dous artistas de orixe latinoamericana (Colombia e Cuba respectivamente) afincados desde hai anos en Galiza. Firmes expoñentes do rap conciencia sobre ritmos contundentes e flows que golpean con cada verso. Xa participaron na V edición do Subsolo en combo conxunto con Goma2Crew, mais desta vez poderemos desfrutar do seu potente directo nunha actuación integral.

KALI A.K.A. LA NEGRA

Esta mc lucense debutou hai escasos meses co seu traballo Gestando, pero leva xa uns anos repartindo o seu rap social e irreverente por toda a xeografía galega. Cando Kali actúa a rúa fala, pero nen só iso, tamén se confirma o que todas sabemos… Chegou o momento das mulleres. 

SUBSOLO RAP é un festival independente localizado na cidade de Compostela. O obxectivo deste evento ademais da difusión dos artistas que nel participan, é xerar un espazo-tempo de encontro para a escena underground do rap e das distintas músicas urbanas na Galiza e o resto da Península Ibérica, así como aportar ao circuito cultural de Compostela un festival alonxado do mainstream e as radiofórmulas habituais. Este proxecto naceu en marzo do 2009 e desde entón xa temos realizado 6 edicións de maneira intermitente en distintas salas da cidade, contando con artistas tanto do estado español como do portugués, pero principalmente da Galiza.

+INFO EN subsolorap.wordpress.com


Lugar: Sala Moon - Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.