Axenda

II Nas Verzas
From sexta feira 22 marzo 2019
To sábado 23 marzo 2019
Vistas : 335

Chega a II Edición de Nas Verzas, o festival que fai referencia ao rural galego e o mundo máis underground do garaxe e punk

Nesta ocasión ocuparemos o cruce de Irmandiños con Martín Códax os días 22 e 23 de marzo cunha instalación artística na rúa e unha programación ben apetitosa:

- VENRES 22 - Sala Doppler Vigo (Rúa Martín Códax, 21)

22h - CONCERTOS
Cheap Lipstick desde Vigo, dueto de garaxe punk formado por Amanda (batería e coros) e Tania (voz e guitarra)

Serpiente desde Bilbao nacida en 2015 e formada por Ana, Elena e Beatriz, todas elas interesadas e con vínculos moi cercanos ao mundo artístico e audiovisual. Mediante o baixo, a batería, os sintetizadores e a voz, tratan sempre de experimentar más aló da convención.

00h- PINCHADA
Seila Esencia

- SÁBADO 23- Tinta Negra e Kominsky (Rúa Irmandiños, 2)
Tinta Negra
16.30h- MERCADIÑO

Maru Astray, ilustradora pola EASD Pablo Picasso, actualmente estuda deseño gráfico na Escola Superior de Deseño de Barcelona EsDesign.
Habitual participante de eventos e feiras de arte e autoedición, podemos tamén ver o seu traballo ilustrativo en numerosas mostras individuais e colectivas. En deseño destaca o seu traballo cara o ámbito musical, abarcando desde bandas underground ata asociacións culturais.
O seu traballo xeralmente combina as dúas disciplinas, creando imaxes que misturan unha paleta pechada de cores contrastadas, unha liña marcada e un estilo identificablemente excéntrico. Na cara máis persoal do seu traballo, reflexiona nos ideais e celebra a feminidade.

Queixumes, ilustradora. Podedes atopar o seu traballo en forma de fanzine, camis e máis cousiñas.
Defínese coma choromicas en todos os formatos porque de queixarme, quéixome ben.

Harak Irina, artista visual viguesa que utiliza a fotografía para construír un mundo único e colorido. Sendo a súa propia modelo, directora de arte e fotógrafa, o seu traballo é unha expresión de individualidade, feminidade e empoderamento.

Sandra Eiriz Valverde artista multidisciplinar, amante apaixoada e drama queen.
Debuxos, fanzines, e bonecas para poder coñecela mellor.

Tittana é unha marca de pendentes que quere encher de cores todas as orellas.
"Xogamos coa forma, o material, o tamaño e a cor, para crear pezas grandes, orixinais, descaradas, pero lixeiras e cómodas"

Pilof Llena de Nada é ilustradora e muralista nacida en Barcelona que actualmente reside en Galicia.
A súa inspiración reside na observación das plantas, animais, a mitoloxía, os cómics, a sexualidade e o empoderamento da muller.
O seu traballo vai desde a arte tradicional, o dixital, a pintura e a serigrafia.

17h- FALADOIRO: "Punk: moitas eiras por sachar"
Nesta ocasión as bandas convidadas ao festival e máis bandas relacionadas debatirán sobre a situación do punk, facendo un percorrido pola súa experiencia ata agora.

18.30h- OBRADOIROS simultáneos

"Zúscalle ao lixo"

Malabares co colectivo Malas Llamas

21.30h- Espectáculo de rúa por Malas Llamas, colectivo de artes circenses.

22h- CONCERTOS na Kominsky

Decibélicas, "desde Braga são um conjunto musical experimentálico fundado em 2016 constituído por cinco ou mais elementos humanos venusianos diversos que, sem cuidado nem à estética nem à métrica, exploram os meandros da espacialidade musico-temporal do Poço Metafísico Augusto Bimilenar e Muy Singelo de Braga, numa tentativa produtivamente fútil de expressar a sua condição sistémica e/ou emocional. Serão vistas nos locais habituais e são muito simpáticas, mas cuidado!... Algo de inesperado poderá acontecer..."

00h- PINCHADA
Dj Set por Lakenobaila + Amigas. Laila defínese como: "Muller racializada arxento-indíxena-galega samplera experimental. Programadora, performer e creadora escénica". Para esta edición ten preparas misturas de glam rock, electropunk e punk de tías pasando por Joan Jett, The Runaways, Las Breeders, Peaches, Bikini Kill e máis sorpresas.

BONO DOS DOUS DÍAS: 10€
*anticipadas en Honky Tonk Discos e Tinta Negra
VENRES billeteira: 7€
SÁBADO billeteira: 5€

MÁIS DURAS CÓS CAÑOTOS DAS VERDURAS
Asociación 85C

Lugar: Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.