Axenda

Dequenvessendo
sexta feira 29 marzo 2019, 21:00
Vistas : 226

A banda folk coruñesa Dequenvessendo ofrece mañá un novo concerto nas Crechas 

VENRES 29 21:00 3 €

Mañá venres a Casa das Crechas acolle o concerto de Dequenvessendo, un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

Durante o tempo que levan como formación, pasaron por numerosas encontros de música tradicional como as Foliadas de Cerqueda ou de Monte Alto e tamén en Cantos de Taberna como o que se organizou no Caurel por primeira vez, ou na segunda edición da Fonsagrada. Tiveron a oportunidade de estar con Luar na Lubre na inauguración da exposición do XXX Aniversario, na apertura da Xira do XXX aniversario de Luar na Lubre en Compostela e no Concertos-Romería de Esgos e de Sisalde.

Tamén tocaron na Noite de San Xoán en Cubillos del Sil (Ponferrada), no 34o Festival da Carballeira de Zas, no II Festival de Lágrimas de San Lourenzo de Pumarín (Balboa-O Bierzo). Outro dos festivais polos que pasaron foron a l e ll Edición do Festival Folk Sisalde, e a Romaría de San Miguel de Pastoriza (Arteixo).

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.