Axenda

Tanxugueiras
sexta feira 29 marzo 2019, 21:00
Vistas : 216

Tanxugueiras inicia o 29 de marzo a xira de despedida do seu primeiro disco en Lalín

No salón Teatro da localidade pontevedresa, as pandereteiras de Tanxugueiras presentarán acompañadas pola súa banda o seu disco e celebrarán co seu público os recentes premios acadados. O lugar elixido para comezar a despedir a súa ópera prima é Lalín, un concello con longa tradición musical. Dese modo, mañá venres 29 de marzo as Tanxugueiras darán conta da evolución sufrida dende a presentación na Sala Capitol deste traballo en xuño de 2018.

Será no Salón Teatro da vila pontevedresa a partir das 21.00 horas. Durante o concerto descubrirán tamén temas novos que formarán parte do seu novo traballo, o cal se lanzará a finais deste ano. As entradas para o concerto poden adquirirse na web de Enterticket  ou na billeteira do teatro o propio día 29. O prezo é de 10€ + gx anticipada e 12€ na billeteira.

O disco homónimo das Tanxugueiras permitiulles levar a súa música por todo o país cunha xira de máis de 50 concertos en 2018 e tamén internacionalmente por Cuba, La India, Suíza e a terceira participación no Festival Celtic Connections de Glasgow, o que as convirteu nunha das bandas revelación da música tradicional. Da man de Shooglenifty veñen de publicar o single “East West” (https://shooglenifty.lnk.to/eastwestWE), ao igual que colaboraron nunha experiencia única coa banda escocesa e Dayam & Katif (Dhun Dhora) da India e que se pode ver o resultado na canle de youtube de Galician Tunes (https://youtu.be/VqmF2fX5j9g) no mencionado festival. Froito desta simbiose xorde tamén a colaboración coa mítica banda folk escocesa no prestixioso Festival Internacional de Edimburgo o vindeiro 9 de agosto.

Veñen de recoller o premio estatal da música independente (premios MIN) ao mellor álbum en galego de 2018 na gala celebrada no Teatro Circo Price de Madrid na gran festa da música independente e quedando semifinalistas como grupo revelación e acadaron tamén o premio á mellor música galega de 2018 nos premios aRi[t]mar. Están nominadas como mellor disco e mellor adaptación dun tema tradicional por Ai, á Ribeira nos XVIII premios Opinión.

Lugar: Salón Teatro - Lalín
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.