Axenda

Nao-CANCELADO
sexta feira 05 abril 2019, 23:00
Vistas : 191

Boas, son Jasper. Hoxe non é un bo día. É á primeira vez en 14 anos que nos vemos na obriga de cancelar un concerto. Levo toda a semana con catarro e dor de gorxa. Xa estaba mal o domingo na convención nacional do BNG, seguín estando mal no acto boicote á Israel en Eurovisión do mércores en Compostela, pero hoxe levanteime con febre e moita tos. Síntoo de verdade pero así é imposible dar un concerto.
Ás que mercástedes as entradas anticipadas ide ós puntos de venda e devolverásevos o importe.
Coas que enviástedes mail para mercalas, poñerase Amós en contacto con vós vía mail para transferirvos o importe.
Tentaremos facer de novo estas datas unha vez que pase o verán.
Preocúpame á xente que adoita vir de lonxe aos nosos concertos. Agardo que ninguén quede sin enterarse e non malgaste unha viaxe.
Compartide por favor pra que así non pase.
Pedímosvos desculpas de novo.
Bicos.

Lugar: Club Clavicémbalo- Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.