Axenda

Esposa + Contenedor de Mierda
quinta feira 18 abril 2019, 21:30
Vistas : 79

Pronto vai ser Xoves Santo, unha das datas máis sinaladas no calendario. Se tes gañas dalgún tipo de celebración pero non che van as procesións, quizais este sexa o teu evento:

Contenedor De Mierda son todo o que ten de guai o punk e algunha cousa máis: son divertidísimas sen ser banais, borran a fronteira entre o virtuosismo e o non saber tocar, falan de cousas das que non se fan cancións nunca (a Mariña lucense, os partos, etc.)... dá a sensación de que pode pasar calquera cousa nos seus concertos. Vén ver que pasa!

https://contenedordemierda.bandcamp.com/

Esposa fan cancións que ás veces son bonitas e calmadas, ás veces son rápidas e ruidosas, ás veces son bonitas e rápidas, ás veces son enfadadas e caóticas. A última vez que tocaron en Vigo durou dez minutos, así que apura e vente que agora viven repartidas pola Península e non se xuntan demasiado.

Lugar: Sala Kominsky - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.