Axenda

Primavera Jazz
From quinta feira 09 maio 2019
To sexta feira 10 maio 2019
Vistas : 286

A música jazz volve a Santiago cun festival no que participarán un total de 15 artistas, entre os días 8 e 12 de maio. Trátase do Primavera Jazz, un proxecto impulsado dende o Concello que conta coa colaboración da Asociación Veciñal Raigame, do Ensanche, e da Asociación Cultural Cidade Vella. E é que unha das características deste ciclo é que aposta por programar tanto na améndoa histórica como na zona nova de Compostela.

Zona Vella
Primavera Jazz arrancará na zona vella. O groso das actuacións na cidade histórica serán na praza da Quintana. Alí tocarán David Regueiro Trío e Xacobe Martínez Antelo Trío o 9 de maio; e Da Silva, Salgueiro, Pazos Trío, Pablo Castaño Quartet e Simón García Quartet, o 10 de maio.

Haberá tamén concertos en espazos pechados como o Pub Borriquita de Belem, onde se abrirá o ciclo coa actuación de Manuel Gutiérrez Trío o 8 de maio; e a Casa das Crechas, con Marcos Pin Trío e Nancy Rodríguez o 10 de maio, e Sumrrá o 12 e maio.

Ensanche
Os días 11 e 12 de maio, o Primavera Jazz trasládase ao Ensanche, coa praza Roxa como epicentro do ciclo. Por aí pasarán The Swinging Flamingos, Abe Rábade e Alejandro Vargas Trío o día 11 de maio, no que tamén está prevista a actuación de Paulo Silva Trío no Bar Galopín.

Ao día seguinte, no 12 de maio, na praza Roxa tocarán Transversal Art Ensenble e Valentín Caamaño Quartet. Antes, o día 9, haberá unha pequena incursión do festival na zona nova, coa actuación de Pablo Sax Trío no Rock Café.

Coincidindo co ciclo Primavera Jazz, o 11 de maio celebrarase tamén o Desfile de Primavera do Ensanche. Será na praza Roxa, a partir das 12:00 horas, coa participación de 25 establecementos comerciais da zona nova. O acto estará presentado pola xornalista Belén Xestal.

Lugar: Praza da Quintana - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.