Santiago

Ferrolterra

Concertos na comarca de Ferrol

AXENDA

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Home Axenda
Events Calendar help
Primavera Jazz
From Thursday, 09 May 2019
To Friday, 10 May 2019
Hits : 153

A música jazz volve a Santiago cun festival no que participarán un total de 15 artistas, entre os días 8 e 12 de maio. Trátase do Primavera Jazz, un proxecto impulsado dende o Concello que conta coa colaboración da Asociación Veciñal Raigame, do Ensanche, e da Asociación Cultural Cidade Vella. E é que unha das características deste ciclo é que aposta por programar tanto na améndoa histórica como na zona nova de Compostela.

Zona Vella
Primavera Jazz arrancará na zona vella. O groso das actuacións na cidade histórica serán na praza da Quintana. Alí tocarán David Regueiro Trío e Xacobe Martínez Antelo Trío o 9 de maio; e Da Silva, Salgueiro, Pazos Trío, Pablo Castaño Quartet e Simón García Quartet, o 10 de maio.

Haberá tamén concertos en espazos pechados como o Pub Borriquita de Belem, onde se abrirá o ciclo coa actuación de Manuel Gutiérrez Trío o 8 de maio; e a Casa das Crechas, con Marcos Pin Trío e Nancy Rodríguez o 10 de maio, e Sumrrá o 12 e maio.

Ensanche
Os días 11 e 12 de maio, o Primavera Jazz trasládase ao Ensanche, coa praza Roxa como epicentro do ciclo. Por aí pasarán The Swinging Flamingos, Abe Rábade e Alejandro Vargas Trío o día 11 de maio, no que tamén está prevista a actuación de Paulo Silva Trío no Bar Galopín.

Ao día seguinte, no 12 de maio, na praza Roxa tocarán Transversal Art Ensenble e Valentín Caamaño Quartet. Antes, o día 9, haberá unha pequena incursión do festival na zona nova, coa actuación de Pablo Sax Trío no Rock Café.

Coincidindo co ciclo Primavera Jazz, o 11 de maio celebrarase tamén o Desfile de Primavera do Ensanche. Será na praza Roxa, a partir das 12:00 horas, coa participación de 25 establecementos comerciais da zona nova. O acto estará presentado pola xornalista Belén Xestal.

Location : Praza da Quintana - Santiago de Compostela

Back

Vindeiros Concertos:

Mer Xul 24 - Día de Galicia en Teis - Teis (Vigo)
Mer Xul 24 - Festas Patronais do Pilar no Rosal - O Rosal
Mer Xul 24 - Festas de Santiaguiño, Milagrosa e San Cristovo - Outes
Mer Xul 24 - Festas do Apóstolo 2019 - Santiago de Compostela
Mer Xul 24 - Festas do Carme e a Fraga - As Pontes
Mer Xul 24 - Festigal - Santiago de Compostela
Mer Xul 24 - Minguante - Cesantes (Redondela)
Mer Xul 24 - XXVII Festival Rock & Dorna - Ribeira
Mer Xul 24 @20:00 - - Dakidarría - Alameda de Compostela - Santiago de Compostela
Mer Xul 24 @20:30 - - Baiuca + Presumido - Museo do Mar - Alcabre (Vigo)
Mer Xul 24 @20:30 - - Primordiais - Xardísn do Concello - Ponteareas
Mer Xul 24 @21:00 - - Ith - Café A Escondida - O Porto de Espasante, Espasante (Ortigueira)

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto