Axenda

Susana Seivane
quinta feira 16 maio 2019, 21:00
Vistas : 163

| Xoves 16 de maio. 2019
| Ás 21:00 h.
Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa

 

Coa participación das Cantareiras Fonteliño.

Nada en Barcelona no ano 1976, Susana é a herdeira dunha das familias con máis prestixio dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia, a familia Seivane. Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Álvaro Seivane, e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Ese estilo xenuíno está hoxe presente na forma de tocar de Susana, unha muller que sintetiza o estilo “enxebre” de vellos gaiteiros. Combina este valioso legado con influencia doutras músicas; para iso rodéase dun elenco de mozos músicos que achegan gran frescura e orixinalidade ao seu espectáculo.

En 1999 edita o seu primeiro disco “Susana Seivane” (BOA MUSIC), producido por Rodrigo Romaní, un dos membros fundadores de Milladoiro. Este traballo baseado en temas tradicionais e composicións de artistas galegos, lévalle polos mellores escenarios de Folk Nacional e Internacional, logrando grandes éxitos e elogiosas críticas. O seu primeiro disco edítase en Europa, Estados Unidos e Canadá.

Co seu segundo traballo “Alma de Buxo” (BOA MUSIC Ed. 2001) producido por ela mesma, baixo o asesoramento artístico de Rodrigo Romaní, consolídase como artista galega de referencia no panorama Folk. Neste colaboran artistas da talla de Uxia Senlle, Kepa Junquera ou Rodrigo Romaní entre outros. Merece especial mención a colaboración do seu avó Xosé Seivane. Como novidade, neste traballo introduce instrumentos como batería ou baixo eléctrico e enriquece o disco con composicións propias.

Neste mesmo ano resultou unha das cinco finalistas dos Indie Awards 2001, os prestixiosos premios que cada ano outorga a Asociación de Música Independente de E.E.U.U. (AFIM), na categoría de mellor artista de Músicas Contemporáneas do Mundo.

En 2003, Susana participou na gravación do album do Bagad Kemper (banda de gaitas de recoñecido prestixio en Bretaña-Francia),Sud-Ar Su, colaborando igualmente nos directos desta banda.

En 2004 publica o seu terceiro traballo “Mares de Tempo” (BOA MUSIC), no cal, sen abandonar a tradición e as raíces da música galega, quixo introducir un novo instrumento: a súa voz. Este terceiro traballo, cheo de colaboracións de excelentes e recoñecidos músicos de Galicia, acompáñase dun DVD que permite contemplar a Susana Seivane nos mellores momentos da súa traxectoria, tanto no escenario como fóra deste.

“Mares de Tempo” é un título extraído da obra do poeta galego Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra. Trátase dunha reflexión sobre o tempo que pasa e a perda de leste en cousas banais.

Os soños que volven“, dez anos despois da publicación do seu primeiro traballo discográfico en solitario, no ano 2009, vía a luz “Os soños que volven“. Quería que “volvesen” aos días de hoxe, parte daquelas melodías que a acompañaban no seu camiño. “Os soños que volven” son as melodías da súa infancia, é a Banda Sonora da súa vida.

No ano 2015 publica o DVD “Susana Seivane e amigos”(Enavies), que recolle un impresionante concerto en vivo, ofrecido nas Festas de María Pita na Coruña, en 2012. Un apaixonante directo nun completísimo DVD con 16 pezas maxistralmente interpretadas por Susana Seivane e a súa banda habitual: Brais Maceiras, Carlos Freire, Carlos Gándara, Iago Rodríguez e Xurxo Iglesias; e os seus impresionantes convidados: Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Pedro Lamas, José Rodríguez e José Somoza, Antón Davila, Harry Price e Xoel López. Ademais da colaboración especial de “Os Seivane” no que destaca o pequeno Brais de sólamente 4 anos de idade. Unha actuación espectacular nun marco excepcional.

Neste ano lanza tamén o seu single “Esperando a Fiz”, un adianto do seu próximo disco.

O 14 de setembro de 2018 lanza o seu quinto álbum, “ FA” (Fiz e Antón), que recolle os sentimentos do embarazo e a maternidade. Posiblemente, o disco máis intimista da gaiteira, é romántico, inspirador e tenro. Unha profunda introspección no campo da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude persoal.

Lugar: Pavillón Municipal dos Deportes - O Porriño
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.