Axenda

Manolo Bacalhau
sexta feira 17 maio 2019, 21:00
Vistas : 103

Manolo Bacalhau é um dos representantes vivos da canción tabernária ferrolana, aliás utente e coñecedor da vida e obras dos bares de sempre de Ferrol.

Nace en Ferrol, na barriada da Ponte de Caranza, ao pe do rio do Tronco... Medra o calor da familia da súa nai Clementina, (traballadora da PYSBE), composta de avós e irmáns (mulleres e homes), que tódolos domingos xuntábanse a xantar na casa materna e logo do café con achicoria,dábanse a facer a mellor dixestión do mundo..., cantar.
No 76 forma parte do Grupo Xarabal.
Ala polos 80, entra en contacto co grupo Saraivas, cos cales grava o LP , “Xa non podemos calar”.
En 1995 grava con Os Cempés o volumen 2 de Le Printemps de la Cornemuse, Morvan, (Francia).
No ano 97 colabora no disco, Mas que un Oficio de Paco Diez,(La Bazanca).

El sempre participou cuando se lle pediu en actos, homenaxes, actuacións nas folgas xerais, actos de solidariedade... é pois de xustiza que a coletividade lle axude a el tamém.

Máis a dia de hoxe nom tiña publicado ningun traballo. Asi pois Sondobar so é unha pequena mostra para comezar a recoller a súa obra, património cultural da cidade e da Galiza.

Lugar: A Fonte do Galo Rock & Roll Bar - Cangas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.