Axenda

III Día da Troula
sábado 18 maio 2019, 12:30
Vistas : 162

Como non hai dous sen tres, no 2019 calebraremos a Terceira edición do Día da Troula na vila de Sada. Este ano lembraremos a Ricardo Flores, un veciño sadense emigrado a Arxentina a finais dos anos vinte. Alí desenvolveu unha longa actividade cultural i, entre outras, adicou moito tempo á música deixándonos como legado unha importante cantidade de melodías tanto populares como propias.

Como adianto ao evento, o 16 de maio faremos un acto-presentación en homenaxe a Ricardo Flores, no Hotel Alda Marina de Sada (Avenida da Mariña s/n, 15160 Sada). Lembraremos a súa vida e actividade, facendo honra e palabra da súa dedicación pola cultura.



O 18 DE MAIO, DÍA DA TROULA (SÁBADO)

Comezará con “Cantos polos Bares”, cando os locais hosteleiros de Sada abran as súas portas aos cantos tradicionais da nosa terra, ás 12:30 da mañá, onde poderedes escoitar as actuacións musicais dos seguintes grupos:

• Airiños do Eume
• A fonte de Merlán
• Airiños da Bandoxa
• Os do fondo da barra
• No Combaro
• Cantares dos Pendellos
• O son do río
• Viute o demo
• Os folieiros
• Os Rebentos da Crunha
• Muiñeiros do Sarela
• Os feroces da Galgueira
• Alén do mar
• Ponte ó rejo

E máis…


Seguido dos cantos de taberna, ás 18:00 h, pola tarde, abrirase a primeira parte da Foliada Popular ao son das gaitas na Praza Irmáns Suárez Picallo.

Ás 19:30 h desfrutaremos do concerto de “A música de Cecebre” e ás 21:00 de “Os Carunchos”, para continuar coa segunda parte da Foliada Popular do Día da Troula ás 22:30.

CONTAMOS CONVOSCO UN ANO MÁIS, e… A DIVERTIRSE!!

Lugar: Sada
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.