Axenda

Romería Ghastro Punk
sábado 18 maio 2019, 19:00
Vistas : 103

I ROMERÍA GHASTRO-PUNK EN CARNOTA

Colaboramos coas compañeiras e compañeiros da Asociación Vintepicopés. Acdr O Patín para xuntar 3 cousas que son imprescindíbeis nesta vida:

Música trallera a toda hostia. O que ven sendo "sapatilla" de toda a p*** vida.
 "Ceador vegan-friendly". Tallada a esghalla, ata estoupar como un foghete sen varilla. 
 Bebidas non alcohólicas. Pra desfrutar da festa con responsabilidade

A Casa Da Xesteira vai ser o episentro do mellor Punk da sona da man de Archivo Adxunto , flamante incorporasión do RESURRECTION FEST , eBastardos de Rivera , flamante incorporasión do Churrasconcerto de Couso!

Ademais, actuasión dinámica, estelar e inigualable dos reis do Death Metal da Costa, Evil Bastard

Ben entrada a noite, a festa continúa no BAR MICHE cos temasos en acústico de Culpables e as pinchadas electrocardioghramáticas de Marko Jones DJ.

SÁBADO 18 DE MAIO. PUNK, TALLADA E FESTA.

PD 1: Tamén haberá servexa  e "ceador non tan vegan-friendly".

PD 2: Crianças de balde, pa que vexades que non mordemos 

ROMERÍA GHASTRO PUNK
Sábado 18 de maio, en #Carnota

Dende a A.C. O Patín e Asaghieiras Master Festival cremos nos vínculos de apoio mutuo entre artistas e asociacións. É por iso que vos traemos ó pobo unha tarde chea da mellor música da contorna.

Bastardos de Rivera
Archivo Adxunto
Evil Bastard

Haberá posto de hamburguesas clásicas e veganas ó longo da tarde

Apertura de portas: 18:30h
Concertos a partir das: 19:00h

Entrada á #Casadaxesteira: 6 €
Menores de 16 entrada libre

A xornada festeira continuará a partir das 23:15h no Bar Miche cos seguintes artistas:

Culpables
Dj Marko Jones

Un plan diferente para unha tarde que promete ser espectacular! Non o dubidedes, e vente!

Lugar: Carnota
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.