Axenda

Artellando na Noite
From cuarta feira 29 maio 2019
To sábado 01 xuño 2019
Vistas : 422

DAVIDE SALVADO / 'Amarelo' MÉRCORES 29 / 23H / Praza do Toural DAVIDE SALVADO é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respecto pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.Ao longo destes anos participou como instrumentista e formadora en centenas de oficinas en torno da danza e da música tradicional. Dedícase activamente ao estudo e divulgación do patrimonio musical alentejano, liderando tertulias semanais de Cante na Casa do Alentejo, en Lisboa. É co-autora do libro “Caderno de Danças do Alentejo”, editado pola Associação Pé de Xumbo. Davide Salvado presenta o seu novo espectáculo, AMARELO. Cancións tradicionais galegas e non só, tamén doutras partes do mundo, reinterpretadas desde a óptica contemporánea que caracteriza a Davide e acompañadas dos textos do escritor, guionista e actor Manolo Cortés. Para o directo, Davide estará arroupado polo bo facer de dous dos grandes da música galega actual: Pedro Pascual (acordeón distónico, bouzouki e guitarra) e Pablo Pascual (clarinetes). GERMÁN DÍAZ E BENXAMÍN OTERO 'Trece cancións bonitas' XOVES 30 / 23.30H / Praza do Toural Benxamín Otero e Germán Díaz, propoñen unha selección de cancións co sinxelo fío argumental de ser, ós seus oídos, bonitas... compositores coma Schubert, Satie, Galliano ou Clastier, cancioneiros coma o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodías propoias, compoñen o corpus ecléctico e accidental que conforma este persoal concerto . Instrumentos coma o óboe e o corno inglés únense ás sonoridades medievais da zanfona e a particulares instrumentos mecánicos come o órgano de barbaria, o aurephone ou a caixa de música programable para os que Otero e Díaz perforan os seus propios cartóns con arranzos actuais para vellas melodías. BENXAMÍN OTERO Oboísta dende o 1989, a pesar de ter formación clásica Benxamón Otero non tardou en abrir as posibilidades que lle daba a música a outro terreos, non só musicais senón de outras disciplinas. Mestre de Oboe e Historia da Música no Conservatorio de Lalín, tamén foi durante moitos anos mestre de Linguaxe musical no Conservatorio de música tradicional e folque da mesma vila. Froito do contacto coas músicas tradicionais desemboca en grupos como Curitiba, ou Grodán defló, sendo mem-bro estable na actualidade de Linho do Cuco ou do espectáculo “Método cardiofónico” de Germán Díaz. Ten colaborado con Driade, Os cempés, Marful, Guadi Galego, Uxía, Fuxan os Ventos, Ataque Escampe, Gelría, etc” GERMÁN DÍAZ Nace en 1978 en Valladolid, onde realiza estudos de guitarra clásica e Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid. Estuda zanfona cos grandes mestres europeos. Actuou por todo o mundo con numerosas formacións e intérpretes. Pertenceu á mítica Viellistic Orchestra e confundou o Symphonía Quartet, cuarteto ibérico de zanfonas. En 2004 creou a súa propia discográfica, producións efémeras, xunto a Fernando Fontes. Colaborou en máis dun centenar de gravacións discográficas e editado numerosas obras como solista, e composto B.S.O. para cinema, teatro e televisión. NAJLA SHAMI VENRES 31 / 23H / Praza do Toural NAJLA SHAMICantora e compositora nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, creceu entre Galiza e Kuwait. Interesada pola música desde a infancia, comeza a estudar e cantar con 9 anos, facendo parte de diversos coros polifónicos e formacións de música tradicional galega. Nesa altura crea as súas primeiras cancións, mais é aos 17 anos, idade á que empeza a tocar a guitarra, cando as súas composicións viran máis persoais e a súa voz vese influenciada por estilos coma o jazz, funk e world music. En 1997 decide estudar música moderna e educación musical afondando na técnica vocal e na súa pedagoxía, actividade que a levará a países coma Noruega, EUA, Xordania, Kuwait, India, Inglaterra, Portugal e España. “Ela Sabe A Sol” é o novo traballo discográfico da compositoria galego- palestina Najla Shami. Un álbum cheo de luz e feminidade no que a autora equilibra oriente e occidente ao longo dunha ducia de cancións orixinais. O traballo nace após dunha estadía en Xordania e Palestina onde a compositora conforma música e letra desta nova obra procurando a converxencia dos múltiples elementos sanguíneos e musicais que acompañan o seu imaxinario. Unha nova proposta onde a autora reinventa o seu son da man do productor e músico Pedro Pascual, acompañada por músicos da Península Ibérica e de Oriente Medio e construíndo con lingua de sol unha ollada sobre o universo do renacemento feminino. DE MAR A MAR SÁBADO 01 / 23H / Praza do Toural Música do Mediterráneo ao Pacífico É unha viaxe sonora transatlántico a través das raíces populares da canción mediterránea e latinoamericana, co flamenco de ida e volta como pasaporte. A guitarra flamenca, o laúde árabe, o acordeón, a percusión, o ney e o cante, acompáñannos nunha historia de sincretismo que é a da música mesma. Compartiu escenario con Martirio, Bebe, Armando Manzanero, Macaco, Candela Peña, Rosendo, Josemi Carmona, Rosario Flores, Jorge Drexler, Pau Donés, Natalia Lafourcade ou Rozalén. E xirou internacionalmente por Francia, Alemaña, Italia, Suecia, Estados Unidos, India, Perú, Arxentina, Chile, México, Marrocos, Siria, Xordania, Líbano, Grecia, Austria, Hungría, República Checa, Países Baixos, Chequia, Croacia ou Portugal. Victor Muñiz, Blanca Paloma, Wafir Gibril e Vicente Molino fundan De mar A mar en marzo de 2016. Da posta en común xorde unha inquietude pola fusión que nos leva a reunir unha selección de temas anónimos ou de autor, populares ou folclóricos, alegres ou melancólicos. Cancións que contan historias de vidas sentidas como berros do corazón, atopando como nexo de unión o mar que baña as culturas do Mediterráneo ao Pacífico. Actualmente estamos a compoñer temas orixinais: A nena do almendro vello, Van na auga ou Despartir que fusiona os poemas de Álvaro Tato cun tema tradicional sudanés xa poden escoitarse nos nosos concertos e na maqueta que estamos a presentar.

Lugar: Praza do Toural - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.