Axenda

Mileth + Metalxis
sábado 01 xuño 2019, 22:00
Vistas : 114

SÁBADO 1 Sala Rebullón ás 22:00 MetalXis Mileth Entrada ANTICIPADA 5€ en TAQUILLA 6€ O día 1 de xuño xuntarase a forza de dúas bandas galegas na Sala Rebullón (Mos) nun concerto que será inesquecíbel. MetalXis e Mileth actuarán ás 22:00. Apertura de portas: 21:30. Entrada anticipada 5€. Billeteira: 6€ Para conseguir as túas entradas contacta con MetalXis, Mileth,na cantina As Pedriña de Mos en Discos Elepé (Vigo) ou na Cervexaría Nós (Rúa Venezuela, Vigo) MetalXis é unha banda viguesa de recente creación cunha proposta atrevida e pouco convencional que non deixa indiferente a ninguén. Nace en 2016 coa finalidade de dar a coñecer un novo concepto e estilo musical: o Folk metal melódico instrumental. A banda está formada por once músicos con dilatada experiencia en diversos estilos musicais e amplos estudos académicos relacionados coa música, o que fai que a fusión xurda da creatividade dos mesmos outorgando virtuosismo ao seu estilo. Batería, baixo, dúas guitarras e teclados crean unha base metal dura e contundente e cinco gaitas e unha zanfona crean a atmosfera sonora folk. O 27 de abril de 2019 presentan o seu primeiro álbum “My white shadow” co selo Rocket Music, cun cheo absoluto e con moi boas críticas musicais. A súa posta en escea transmite a forza do seu novo estilo. Mileth é un grupo creado en 2009 na Mariña Lucense, terra de onde emerxe a súa lírica enraizada nos místicos paisaxes do Val do Xistral e afincado en Vigo, que practica Metal Pagán Galaico, ou o que ven sendo o mesmo, unha mistura entre metal extremo, folk e música tradicional galega. Neste 2019 presentan esta particular fusión no seu primeiro disco: Catro pregarias no albor da Lúa Morta, editado a través do selo ruso SoundAge Productions e do nacional Darkwoods. Un traballo que está a levar por pequenos recunchos do mundo o noso idioma e a nosa tradición máis arcana recreada a través dunha viaxe espiritual inspirada nun vello rito galaico de adoración á Lúa. Anteriormente gravaron tres maquetas que lle outorgaron unha boa acollida no panorama underground nacional chegando a compartir escenario con bandas internacionais tan destacadas coma Negurâ Bunget, Månegarm ou Skyforger e mesmo a participar en festivais xunto a Skyclad, Rotting Christ, Cruachan ou Hell.

Lugar: Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.