Axenda

Leilía
sexta feira 07 xuño 2019, 20:30
Vistas : 129

Leilía emprende esta nova aventura coa mente posta nun novo espectáculo que bota a mirada ás súas orixes e ao percorrido que levan feito xuntas desde xa hai 30 anos.

"CantarElas" é o título deste novo espectáculo no que mesturan os seus temas máis emblemáticos con novos temas, co toque actual de Leilía. "Con eles queremos celebrar o noso aniversario, pechar o círculo conectando a orixe coa actualidade pasando polas diferentes sonoridades do grupo".

Leilía convídanos a viaxar unha vez máis da súa man a través das melodías, da evolución sonora, dos cambios escenográficos... e a percorrer a súa historia, unha historia chea de fabulosos momentos grazas ao seu público sempre fiel, un público ao que queren agasallar con esta nova viaxe músical!!

Lugar: Teatro Colón - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.