Axenda

Esmorga Dirt 2019
sábado 22 xuño 2019, 12:00
Vistas : 167

Esmorga Dirt 2019 en Sarria.

O 22 de xuño con motivo das festas patronais de San Xoan en Sarria (Lugo) terá lugar un evento no que se mesturará gastronomía local, música, deporte e cultura urbana. Todo o evento transcurrirá ubicado nunha fermosa praza pública da Vila, que consta de varios emprazamentos (anfiteatro e varias zonas de lecer)

A festa arrinca durante a mañá con dous parques de Skate e Parkour habilitados para impartir obradoiros a través de varios monitores estas actividades durante todo o día, dispoñéndose para os participantes franxas de práctica libre , sempre supervisadas por un monitor. (prestaranse cascos e taboas de skate para ceder os participantes)Durante o almorzo, nunha das prazas, farase unha mostra de productos locais (varios negocios da vila presentarán productos da terra e poñerán a disposición un mercado para o que queira xantar ou degustar o producto local cociñado in situ) durante varios concertos nunha sesión vermú que contará ca participación de varios grupos de rock.

Lugar: Praza da Vila - Sarria
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.