Axenda

Zeltia Irevire
domingo 30 xuño 2019, 21:00
Vistas : 100

Ao aire libre]
Despois de moitos anos cantando as súas propias composicións tanto en Galicia coma en Irlanda, foi a
principios do 2018 cando comeza a formar un proxecto musical con Migui Carballido. Na primaveira do
2019 incorpórase á formación Cibrán Seixo Pazos, co seu violín comeza a formar parte do novo estilo, o
Folk Tribal.

As súas composicións son en galego e inglés inspirándose no legado cultural da nosa terra galega. No
seu afán máis ambicioso pretende impulsar un cambio san no medio e difundir a mesaxe de protexer a
nosa cultura e o bosque autóctono.

A música de Zeltia Irevire consiguen adentrarnos nunha viaxe onde o Folk e o Blues se misturan con
outros momentos máis acústicos e tribais. En verbas da cantante e compositora galega:

"Eu espero que só me deixedes entrar ao Bosque con vos, con esta música danzaremos e
lembraremos o tempo da vida, os soños que aínda nos guían."

Podedes coñecelos mellor a través dos seus traballos:
- Zeltia Irevire (directo no estudo a Ponte, Santiago de Compostela)
https://zeltia.bandcamp.com/album/zeltia-irevire

- Zeltia Kúzlo Duše ( estudio Planta Sónica, Vigo), traballo individual coa colaboración de músicos
profesionais da escena galega.
https://zeltia.bandcamp.com/album/zeltia-k-zlo-du-e

Entrada: 6€

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.