Home Axenda
Events Calendar help
Radio Zapa!
Tuesday, 02 July 2019, 20:30
Hits : 92

Radio Zapa! nos Seráns en Feixóo

Radio Zapa! é un powertrio de rock explosivo e psicodélico de Compostela. Un estalido de letras incisivas, fuzz e intensas atmosferas instrumentais formado por Martín Zapata (guitarra e voz), Luís Iglesias (baixo e coros) e Fran Facal (batería e coros).
Radio Zapa! é formado orixinalmente por Martín Zapata, Fran Facal e Jacobo García a finais de 2015. En 2017 presentan “Igual é diferente”, un E.P. co que presentan o seu denso e enérxico son e co que resultan vencedores do concurso Sons Mans do Festival Revenidas.
En 2018 presentan o seu novo single " LaCantinela", co que a banda se aproxima aínda máis ao stoner, á vez que comezan a estar presentes en carteis de festivais de toda Galicia e iniciar a súa andaina a nivel nacional onde consolidan un interesante nicho de seguidores.
Actualmente veñen de afrontar a gravación dun directo no programa Estudo3 de Radio Galega, a entrada de Luís Iglesias ao baixo, a preparación do lanzamento do próximo single e videoclip e a co-organización do festival Golfostela Malafesta en Compostela que resultou ser un auténtico éxito.

Location : Praza de Feixóo - Santiago de Compostela

Back

Vindeiros Concertos:

Mar Ago 11 - Aúreas - A Ventana Gastrobar - Laxe
Mar Ago 11 - Feito a Man - Santiago de Compostela
Mar Ago 11 @21:30 - - Zeltia + Talabarte - Praza da Constitución - Pontevedra
Mer Ago 12 - Feito a Man - Santiago de Compostela
Mer Ago 12 - Oîma + Maraya Zydeco - A Ventana Gastrobar - Laxe
Mer Ago 12 - Parrulas Fest - Esteiro da Foz - A Foz, A Ramallosa (Nigrán)
Mer Ago 12 @21:00 - - Cuarteto Caramuxo - Aturuxo Bar - Bueu
Mer Ago 12 @22:30 - - As Cantigas de Elena + Convidados - Praza de España - Pontevedra
Xov Ago 13 - Ataque Escampe - A Ventana Gastrobar - Laxe
Xov Ago 13 - Feito a Man - Santiago de Compostela
Xov Ago 13 - Parrulas Fest - Esteiro da Foz - A Foz, A Ramallosa (Nigrán)
Xov Ago 13 @20:30 - - Faia Díaz - Hórreo do Mosteiro - San Xoán (Poio)

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto