Santiago

Ferrolterra

Concertos na comarca de Ferrol

AXENDA

Vigo

Morrazo

Concertos na comarca do Morrazo

AXENDA

A Coruña

Barbanza

Concertos na comarca da Barbanza

AXENDA

Ourense

A Limia

Concertos na comarca da Limia

AXENDA

Pontevedra

O Salnés

Concertos na comarca do Salnés

AXENDA

Lugo

A Mariña

Concertos na Mariña lucense.

AXENDA

Home Axenda
Events Calendar help
Os Amigos dos Músicos + Xoana
Friday, 09 August 2019, 20:00
Hits : 24

>>> Os Amigos dos Músicos

Dende Ourense, Os Amigos dos Músicos une os talentos de Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso, Druso Pedrouzo e Álvaro A. Rivera, e tamén no seu momento os de Xurxo Brea, Rosa Lison, Septi ou Marcos Paradelo, experimentados músicos que xa formaran parte de grupos como Niño y Pistola, Blood Filloas, O Sonoro Maxín, Annie Hall, Haecceidad ou Cinnamon Gun. Un proxecto que une o pop e a música folk americana coa tradición da canción de autor galega, recoñecido co Martín Códax a Mellor Banda de Pop en 2017 ou a candidatura nos Premios MIN a Mellor Álbum en Galego polo seu LP debut, Os Amigos dos Músicos (2016).

Dende a saída do disco, Os Amigos dos Músicos teñen percorrido os palcos de cidades e vilas galegas, así como de fóra do país, con concertos en Madrid, Bilbao, Donosti, Oviedo, Zaragoza, Valencia, en festivais como o Monkey Week de Sevilla, o Noroeste da Coruña ou o Atlantic Fest na Illa de Arousa, así como en ciclos como Os Xoves de Códax en Cambados. Actualmente presentan o seu segundo álbum, Segundo fogar, e continúan reflectindo na súa música a importante herdanza de Suso Vaamonde, Benedicto e Bibiano ou Luis Emilio Batallán, sen perder orixinalidade, frescura nin personalidade

https://youtu.be/xthIUyV2H9A

>>> Xoana

» O meu nome é Xoana e cos meus 20 anos estou inmersa nun proxecto musical que ten coma principal aliada á lingua galega, promocionando o uso desta coa axuda de ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae. Dardos é o disco co que acabo de irromper no mundo da música e utilizo así esta coma un medio de denuncia. Todas as cancións xiran arredor de temas actuais que precisan ser escoitados e que mellor que a música para invitar a realizar cambios!

» No meu disco, 'Dardos', Todas as cancións teñen unha mensaxe social e expresan queixas resumidas no título cunha soa palabra, a modo de dardos, pequenos mais precisos.

» Por outra banda, Dardos está orientado a achegarlles ós máis novos a música galega e en galego, e que asemade a sintan como algo propio, de xeito semellante ó que eu experimentei.

» Por un galego que derrube fronteiras e estea libre de prexuízos! A música move o mundo e así se marcan os cambios.

https://youtu.be/9t7AoqVxRvo

------
Entrada: 8€ ant. / 10€ bill.
Entradas anticipadas á venda no local e mais en https://entradium.com/events/os-amigos-dos-musicos-xoana

Location : Aturuxo Bar - Bueu

Back

Vindeiros Concertos:

Mer Out 16 @20:00 - - Roi Casal - Gran Teatro de La Habana - La Habana (Cuba)
Mer Out 16 @22:30 - - A Banda das Crechas - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Xov Out 17 - Flores Rotas - La Galería - Vigo
Xov Out 17 - SondeSeu - SCDR Heliuos de Bembrive - Bembrive (Vigo)
Xov Out 17 - Xacobe Martínez Antelo Trío - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Xov Out 17 @20:00 - - Barahúnda - Libraría Pedreira - Santiago de Compostela
Xov Out 17 @21:00 - - Xacobe Martínez Antelo Trío - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Ven Out 18 - Dakidarría - Sala Moon - Santiago de Compostela
Ven Out 18 - Ton & Teira - Club Clavicémbalo- Lugo
Ven Out 18 - Xacobe Martínez Antelo Trío - Club Clavicémbalo - Lugo
Ven Out 18 @23:30 - - Lisdexia - O Pouso - Muros
Sab Out 19 - Festival Intercéltico As San Lucas - Praza da Catedral - Mondoñedo

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto