Axenda

Combo Rainbow + Mato Seco
quinta feira 15 agosto 2019, 21:00
Vistas : 177

O roots reggae dos brasileiros Mato Seco, no Aturuxo este xoves día 15 ás 21:00.

Cos vigueses Combo Rainbow coma banda convidada.

Con máis dunha ducia de cancións na boca dos fans, Mato Seco destácase polas letras ben elaboradas ao lado das mensaxes positivas con connotacións políticas e sociais, co obxectivo de espallar a filosofía do BEN e da XUSTIZA. Os temas Brilho Oculto, Resistência, Tudo Nos é Dado, Caminho da Luz, e Pedras Pesadas, por exemplo, son consideradas himnos do reggae brasileiro.

——
Entradas anticipadas (8€) dispoñibles no local e mais en https://entradium.com/events/mato-seco (sen gastos adicionais)



Teloneando a Mato Seco teremos a 'Combo Rainbow', roots reggae dende Vigo!:

Mais alá dunha banda de versións, Combo Rainbow é unha viaxe ao corazón da historia da música roots reggae e rocksteady.

Cun repertorio que recolle tema dos 60’s, 70’s e 80’s, moi representativos de cada artista, queremos rendir o noso humilde tributo a bandas como Abyssinians, Dennis Brown, Gladiators, Toots and the Maytals ou Bob Marley & the Wailers entre outr@s.

Con letras de carácter fortemente reivindicativo, sobretodo en relación á igualdade de dereitos, cos temas escollidos transmitimos unha mensaxe chea de valores e conceptos coma a Unidade, o Respeto, a Progresión persoal ou o Amor incondicional, entre outros.

A banda nace en Vigo (Pontevedra) ante o desexo e determinación de manter vivas estas cancións.

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.