Axenda

IX Son d´Aldea
From sexta feira 06 Setembro 2019
To sábado 07 Setembro 2019
Vistas : 303

A IX EDICIÓN DE SON D’ALDEA TERÁ LUGAR OS DÍAS 6 E 7 DE SETEMBRO NAS ALDEAS PALENSES DE ALBÁ, SANTO XUSTO, VILAFOFE E PAMBRE
Unha actividade proagonizada polos veciños e polas veciñas das aldeas do Concello. un evento dinamizador da cultura rural galega, que procura amosala, proxectala e dignificala.

PROGRAMA DO VENRES 6 DE SETEMBRO:
17:00 MESA REDONDA: "AS PERSOAS MAIORES NO MEDIO RURAL"
Conferenciantes: Mª. Carmen Morán de Castro (USC). Alberto Saco (UVigo). Raquel Vázquez Pérez (UVigo)
20:00 - PRESENTACIÓN DO LIBRO: AS NOVAS NA ALDEA, 2018, con Toño Núñez
20:15 - MONÓLOGO: “Daló de onde eu veño…”; CAXOTO (Felipe Díaz).
21:00 - CEA CON PRODUTOS DA ALDEA E ENCOMENDA.
22:00 - Actuación da Asociación Cultural “PALACIO DO REI”.

PROGRAMA DO SÁBADO 7 DE SETEMBRO.
9:00 - RECEPCIÓN DOS PARTICIPANTES
10:00 - ROTEIRO TEATRAL: OS OLLOS DA EXPERIENCIA.
Outorgamos xesto e vida ás raíces e ás sombras dos devanceiros no rural; tentamos que a lembranza colme ocos e vontades e resoen as voces da aldea antano coma ondas dun eco sen fin. Mergullamos no ser das persoas maiores, punto de unión e de experiencia, vagar cos netos e labor de presenza inmenso, garda e respecto. Achegámosnos á memoria da tribo, á humanidade e ás lendas; celebramos o cariño e a atención que os maiores nos merecen.
14:30 - XANTAR NA ALDEA.
17:00 - MOSTRA DE OFICIOS ARTESÁNS E ARTESANÍA ALIMENTAR NA ALDEA E XOGOS POPULARES CON XOTRAMU.
20:00 - ACTUACIÓN: AS CANTIGAS DE ELENA.
21:00 - ROMARÍA con OS MELIDAOS.

Lugar: Santiago de Albá (Palas de Rei)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.