Home Axenda
Events Calendar help
IV Miúdo Fest
From Saturday, 14 September 2019
To Sunday, 15 September 2019
Hits : 200

As instalacións do CSCD AS PEDRIÑAS acollerán a vindeira fin de semana o IV Miúdo Fest, Festival para persoas de mediana estatura. Durante o sábado 14, a partir das 17h, as persoas asistentes poderán desfrutar das actuacións musicais dos grupos "A Banda dos Insectos", "Elephants Yard" e "A Gramola Gominola" facendo de mestre de cerimonias o ukeleleautor Antón Ke. Ademais os asistentes poderán estampar as súas própias camisetas do Festival no obradoiro de serigrafía que impartirá a artesana Ana Mirou. Cada asistente deberá traer a súa própia camiseta. O domingo 15 continúan as actividades a partir das 16h coa Brincadeira Miudiña, con xogos tradicionais e a música de Cé Orquesta Pantasma. O festival rematará coa actuación do Mago Marco. As entradas anticipadas podense retirar na cantina do CSCD As Pedriñas a un prezo de 5€ anticipada e 8€ na taquilla. Este festival conta co apoio da Deputación de Pontevedra e da Comunidade de Montes de Tameiga.

Location : CSCD As Pedriñas - O Rebullón, Tameiga (Mos)

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto