Axenda

Vudú + Sofía Espiñeira
sexta feira 27 Setembro 2019, 22:30
Vistas : 205

VUDÚ + SOFÍA ESPIÑEIRA ( Venres 27 Septembro . A partir de 22:30h. 9€. )
Garufa Club Agadic #RedeGalegaDeMúsicaAoVivo
Clubtura -Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo-


VUDÚ ::
son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B. Vudú é unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos.
Vudú nace na Coruña no ano 2016, e gravan en formato cuarteto un primeiro EP nos estudos Bruar da Coruña. Gracias a ese EP gañan en Compostela o premio á mellor canción en Galego por "Eu son VooDoo" no certame Musica Xove. No 2017, despois dunha nova andadura de concertos presentando o formato dúo, gañan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul, consolidándose no seu estilo e buscando novas formas de directo. O seu segundo EP, foi gravado en Abrigueiro Estudios da man de Arturo Vaquero e foi autoeditado no verán de 2017, cunha tirada de 300 exemplares feitos e pintados a man.
Veñen de gravar o seu primeiro disco ( Vudú Vol. III) que foi presentado en decembro de 2018.
SOFÌA ESPIÑEIRA::
Músicas que saen de dentro e de fóra, de sentimentos polos que a vida nos leva e de anécdotas e situacións da cotidianeidade. Entre íntimo e público, entre raibas, dores, alegrías e risas, Sofía Espiñeira irá mudando as emocións e as historía ó tempo que mudan os tirmos da súa guitarra, mergulando ó público nun sentir común.

Lugar: Garufa Club - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.