Axenda

Zurraspa + Meeky + Sabrina Palau
sábado 28 Setembro 2019, 20:00
Vistas : 203

Ché! Ché! Que imos despedir a programación de setembro cuns boliños ben ultramajos e acolledores!

Meeky, dúo madrileño, Adri e Dani, emo-punk, rastros de math-rock e indie, fresco, enérxico, dese de mover a cachola, de sentilo ben dentro, do que conta historias…veñen presentando o seu 7” que acaba de saír do forno “Creatures, Rainbows & You”, editado por Pifia Records, Discos Finu, Bike Punk e Caracol Negro. Vai preparando o repertorio!

https://meeky.bandcamp.com/album/creatures-rainbows-you?fbclid=IwAR3t-WpDotA7-uugh3vzLeZZKK4nxDN3bXifTjBXidtWgNa3_7uj0qVK58Q
https://www.youtube.com/watch?v=kwb8zPoXsrU


Sabrina Palau, pop sombrío, lo-fi, cancións fúnebres cun toque de superbeleza, elementos de noise, garaje e shoegaze, unha chea de colabos no seu primeiro LP “Cementerio Pop”, cancións para sempre, para dar un paseo cos cascos postos, para sentir á vez que che pega o vento no pelo, e outra ducia e media de expresións que podemos atopar para tratar de definir a súa música, pero déixate levar ho!:

https://sabrinapalau.bandcamp.com
https://www.youtube.com/watch?v=xaxd9rV_Uxk

Zurraspa, desta mítica xente bonita de Vigo, Nekane e Alén, dúo de pop que é punk, cancións que che ensinan cousas bonitas sobre a vida, que te enchen de alegría en cada nota, coas que bailas sempre porque teñen o ritmo dentro, aprende a bailar!

https://zurraspa.bandcamp.com/releases

Pois que máis queres, que aparte destres 3 bolazos aínda teñas un sitio súper guai onde pasar a noite cunhas bebidas e unha cea vegana? témolo todo no Liceo, e todo por un donativo entre 5 e 10 euros que irán íntegros para as bandas, para que poidan continuar co seu camiño cara o infinito, cara a liberdade!

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.