Axenda

Thee Blind Crows + Los Wavy Gravies
sexta feira 04 outubro 2019, 20:30
Vistas : 299

!! Atenta a como comeza o mes de Outubro no mutante, porque este venres teremos aos Blind Crows e aos Wavy Gravies soando ben alto contra as paredes do Liceo!

Aos Blind Crows tiñas que coñecelos ben, pero por se aínda non tiveches o placer: Blues punk atemporal, corrosivo e perigoso, enerxía pura que non acepta o non movemento total do corpo, baila ou fenece!
Antes dúo, agora son 3 grazas á nova incorporación no baixo, e que significa isto? Pois moito máis poder, moita máis enerxía nos seus concertos, para que quedes sen aire en cada golpe de batería e en cada acorde. E ché! Que traen un disco novo que é de flipar! Escoita!:

https://theeblindcrows.bandcamp.com/album/death-awaits-us-all


Xuntos aos Blind Crows veñen os Wavy Gravies, para facernos mover o esqueleto ben, concertos que son auténticas celebracións de punk misturado co garaxe misturado co surf e inclusive co frut. Cancións pegadizas para mente e corpo, hai que vivilos!

https://loswavygravies.bandcamp.com


Esta noite de pura enerxía e moitas cousas máis, como a cea vegana mutante da que xa se fala nos mellores restaurantes do mundo, con produtos da horta do noso xardín mutante, cun porrón de voluntarias que andan a compartir o traballo colectivo con divertimento, e moito máis por un donativo de entre 5 e 10 euros íntegro para as bandas, para que leven o desfrute polo mundo! Que viva a autoxestión, cona!

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.