Axenda

Transilvanians
sábado 05 outubro 2019, 23:30
Vistas : 197

Este sábado 5 de outubro, ás 23:00, Transilvanians voltan á carga presentando nova formación en A Pousada Da Galiza Imaxinaria !!
Non te quedes sen a túa entrada!! a venda en:
Baldani Concept Store ou na mesma Pousada.

Máis info: Transilvanians en A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro)

Apertura poetas as 23:00 ,
Bolazo as 23:30

Transilvanians fórmanse na cidade de Vigo no ano 2004. Septeto integrado por músicos de diversas procedencias cunha paixón común pola música negra dos 60's, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror.

Percorren co seu funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul, horror-reggae, dub ou r&b xamaicano case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que podes atopar actualmente no estado.

Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, composto por 12 novas cancións, traballan de maneira habitual con outros artistas na súa vertente como backing band, e xa teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis (a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012 e un doble LP en 2018), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton. Actualmente festexan os seus 15 anos de traxectoria e están gravando o seu cuarto LP.

Martín McFly - Piano & Hammond
Javier Marcos - Voz & percusión
Javi Vicalo - Baixo
Antonio "Pam-Pam" Rodríguez - Trombón, voces & percusión
Iago Ramilo - Saxo & percusión
Xoaquín "L Cobra" Seoane - Batería & voces
Charly "Doctor C" Varela - Guitarra

Lugar: A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.