Axenda

Pantis + Aries
sábado 12 outubro 2019, 20:30
Vistas : 183

Sábado 12 de outubro ás 20:30 h.

Día de andar por casa no Liceo. Isa e Rubén teñen chaves e poden entrar e saír cando lles pete. Poñede as pantuflas e a bailar. Poderiamos escribir un texto explicando o moito que molan os seus discos, apoiándonos en citas desas que se poñen nas follas de prensa ou repasando os seus intachables CVs, pero o que nos apetece é dicir o moito que as queremos, o afortunadas que nos sentimos de telas tan pretiño de nós e o contentas que estamos de presentárvolas unha vez máis en directo. Festa de pixamas.

https://aries.bandcamp.com/
https://magiabruta.wordpress.com/

https://pantis.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/pg/prenom.gal/posts/

Donativo a vontade entre 5 e 10€ dereitiño ós petos das súas batamantas.

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.