Axenda

Turnes & Casquero
sábado 12 outubro 2019, 21:30
Vistas : 181

Turnes & Casquero na Borriquita de Belém [3€]

Turnes & Casquero son o pianista e o vocalista da Bakin Blues Band. É esta convivencia e a profunda amizade que xorde dela o que lles move a poñer sobre a mesa, sen adornos, aquilo que consideran máis verdadeiro e excitante do blues. Iso sobre todo. A súa intensidade, a súa nudez, a súa alegría, a súa rabia e a súa tenrura. Fundamentalmente dedícanse a interpretar e compoñer cancións que beben da cálida corrente do blues, o soul e o gospel. Pero non teñen reparos en afrontar unha balada de Nat King Cole ou de Tom Waits.
Un show que estiveron paseando polas salas de Galicia durante os últimos 4 anos. Inmersos en pleno proceso de composición e gravación do seu primeiro disco titulado ' The man with the blue piano', manteñen unha residencia mensual no prestixioso club de Compostela, Borriquita de Belém.
Ademais, estes tipos tocaron nas mellores salas de blues deste país, estiveron de xira con grandes figuras do blues nacional e internacional como Fernando Beiztegui, Mingo Balaguer, Emilio Arsuaga, Edu Manazas, Greg Izor, Trudy Lynn, Steve Krase, Barbara Lynn e un longo etc.
Compoñen a directiva da Sociedade de Blues de Compostela e organizan o festival internacional de blues Fisterra Blues Experience

Lugar: Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.