Axenda

Festival de Arte e Emprendemento Audacia
From sexta feira 18 outubro 2019
To sábado 19 outubro 2019
Vistas : 327

VENRES 18 DE OUTUBRO

AUDACIA MÚSICA:
  • 20:00h | The Primitals [Entrada libre ata completar capacidade: 200 asistentes]
    Comedia musical con temas orixinais dos Primital Bros e tamén versións e medleys de coñecidos temas que conquistarán a audiencia coa melomanía desbordante destas catro voces nun imprevisible cabaré a capela.

SÁBADO 19 DE OUTUBRO

AUDACIA MÚSICA:
  • 20.00h | Mercedes mais eu: Janet Novás e Mercedes Peón [Capacidade limitada a 100 prazas. Entrada libre previa retirada de convite no mostrador de información da entrada do Festival, catro horas antes do inicio do espectáculo]
    Espectáculo nacido da colaboración entre a bailarina Janet Novás e a compositora Mercedes Peón no que exploran as relacións particulares que existen e se establecen entre a súa danza e a súa música e mirando cara ao colectivo desde perspectivas e sensibilidades nada arquetípicas.
Lugar: Cidade da Cultura - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.