Axenda

Buá Pavas
quinta feira 31 outubro 2019, 21:30
Vistas : 261

Buá, xente! Este xoves pola noite, a iso das 21:30 h. Elena Vázquez, Macarena Montesinos e María Lado van deixar entreaberta a porta do Inframundo e, na Galería Jazz, invocarán ás súas difuntas preferidas para que veñan botar unhas bailas entre a peña viva.


Para facer tal chamamento ás ánimas do Hades, estas tres pavas emplearán violín, cello e voz que era exactamente o que usaron as tres meigas de Macbeth cando asomaron a cabeza sobre o caldeiro para cantarlle o porvir ao futuro rei.


Pero que outros prodixios e saberes despregarán na noite do Samaín as Buá Pavas? Qué levan semanas tramando? Iso ninguén pode aventuralo, porque esta é unha sesión H.A.L.O. e está na súa natureza o inesperado, a improvisación e a sorpresa.


Só sabemos que vai ser unha viaxe divertida e gozosa, iso si podemos predecilo. E que molaba que viñeras. Así que non sexas Macbeth, señor de Glamis, e guíate polos augurios que despois... despois veñen as lamentacións!

Buá Pavas son:
María Lado_poesía
Elena Vázquez_violín
Macarena Montesinos_cello

Lugar: La Galería - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.