Axenda

MJ Pérez e Sofía Espiñeira
quinta feira 14 novembro 2019, 21:30
Vistas : 312

MJ Pérez & Sofía Espiñeira na Borriquita de Belém [5€]
Concerto dentro da programación da Rede Galega de Música ao Vivo

@mjperezmusic

Sofía Espiñeira e MJ Pérez son dúas cantautoras galegas que están dando moito que falar nos últimos tempos. Distintas, pero con moitos puntos en común, atrévense a asumir o reto de fusionar os seus dous mundos enriba do escenario: “agora cantas ti, agora canto eu…” e así van tecendo coa súa música e as suas voces un contexto único.



Sofía Espiñeira
Natural de Mugardos. Licenciada en xornalismo mais adicada profesionalmente ás artes escénicas, vinculando o seu traballo ó eido do teatro, o circo, a danza e a música.
A súa andaina como cantautora comeza tras gañar o II Certame de Canción de Autor en Galego do concello de Teo, froito do cal nace o seu primeiro disco, Alá onde agroman as herbas, co cal entra a formar parte da escena musical galega e a percorrer diversos espazos culturais, salas e festivais. A súa proposta recolle temas propios con temáticas e estilos variados, mais sempre cunha influencia das músicas de raíz.
Ademáis do seu proxecto como cantautora, actualmente é integrante da compañía Teatro ó cubo, con propostas teatrais para público infantil e familar. Tamén forma parte do elenco nos concertos infantís de Xoán Curiel Estamos no verán! e A casa do terror, e leva a cabo outros proxectos para público adulto como o espectáculoMatrioskas, xunto coa contadora Marta Ortiz.

Lugar: Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.