Axenda

Guadi Galego
sábado 16 novembro 2019, 20:30
Vistas : 240

IMMERSION, a nova entrega discográfica de GUADI GALEGO.

IMMERSION é unha reconstitución de si mesma, unha revisión en varias linguas afíns a Guadi, por territorio cultura e emoción, unha reinterpretación da súa própia música. Son once temas xa editados non seus últimos traballos e un tema inédito que soa agora en mundos musicais distintos.

A IMMERSION prodúcese nun universo íntimo, minimalista e arriscado. O disco afástase dos moldes e ábrese a un mundo plural e ecléctico no que colaboran diferentes artistas: Ivan Ferreiro, Ana Bacalhau, Lisandro Aristimuño, Clara Peya e Judit Neddermann, Andrés Suarez, Mikel Urdangarin, Sisters In The House, Abe Rábade, Javier Otero, Alex Ínsua, Silvia Quesada e Alfredo González, Germán Díaz, Xabier Díaz e Alidé Sans. Producen Pau Brugada, Vic Moliner, Guadi Galego e Carlos Abal.

Lugar: Auditorio Mar de Vigo - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.