Axenda

Cuarteto Dumka
sábado 23 novembro 2019, 21:00
Vistas : 212

O Cuarteto Dumka estamos de volta! e recuperamos un programa espectacular para unha ocasión especial: por fin tocamos no Estudio de Lurdes e Miguel ♥ un lugar marabilloso onde ademáis do concerto poderedes desfrutar dunha cea riquísima!

PROGRAMA:
'A Morte e a Doncela' F. Shubert
'Cuarteto nº 8 en Do menor op.110' D. Shostakovich.

MENÚ:
Cabeceiro de lomo (pastel vegano por encargo), mazá asada, arroz basmati e ensalada. Postre sorpresa con chocolate.

A entrada ó concerto custa 6€, e a cea 10€. Podedes reservar só para o concerto, pero cando empece a ulir ídesvos arrepentir. Ou podedes reservar só para a cea, pero logo non me chorar!

Avisádelle con tempo a Lurdes, oh! as reservas fanse aquí: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou aquí: 649106050

Ata o sábado 23!

Lugar: Rúa Menéndez Pelayo 36, Soto 1 - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.