Axenda

Lulavai
quinta feira 12 decembro 2019, 21:00
Vistas : 256

XOVES 12 AS 21:00
LULAVAI
Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto, onde o protagonismo de 4 arpas celtas e a polifonía das súas voces, dan vida a unha formación única, chamado Lulavai.
Lulavai interpreta sobre os escenarios unha serie de temas baseados na música tradicional galega, arranxados para arpas, combinados con moitos temas compostos por elas mesmas.
No concerto sucédense cambios de instrumentos, de posicións, e de estéticas visuáis. As compoñentes de lulavai intercalan as súas interpretacións en arpa celta, co uso de instrumentos de percusión, sorprendendo ó público en moitas ocasións.
Desde temas repousados, para escoitar cos ollos pechados, ata os máis rítmicos ó máis puro estilo tradicional.


Entrada: 7,00 €

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.