Home Axenda
Events Calendar help
Vatapá Quinteto
Saturday, 14 December 2019, 21:30
Hits : 73

Vatapá Quinteto na Borriquita de Belém [5€]
Concerto dentro da programación de Clubtura -Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo- Rede Galega de Música ao Vivo.

VATAPÁ-quinteto son un grupo vigués que fai versións de bossa nova, swing e blues, cunha orixinal formación de voz, guitarra, caixón, saxo, harmónica e contrabaixo que, dende 2015 levan tocando polos escenarios galegos. En novembro de 2017 gravaron o seu primeiro disco, titulado Vol.1, editado co selo Inquedanzas sonoras e agora atópanse na gravación do segundo que sairá en abril do 2020. Nos seus concertos ofrecen unha ampla variedade de cancións cunha proposta divertida e unha forte aposta por un son persoal e característico.
Dous vídeos promocionais do seu segundo disco:
https://www.youtube.com/watch?v=Aq2J42PQ1SI
https://www.youtube.com/watch?v=GmM8NjJXlGI

Location : Borriquita de Belém - Santiago de Compostela

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto